Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo Fondo
 

ORIXE

ZONA DE PRODUCCIÓN

Google Maps

Mapa
Logos Financiación
¡Síguenos en instagram! Follow Me on Pinterest ¡Síguenos en  Google+! ¡Síguenos en Twitter! ¡Síguenos en Facebook!

NOTICIAS


  • Sábado 6 e domingo 7 de abril
    Cartel Festa San Simón 2024

    26/03/2024

  • XXVII Festa do Queixo DOP San Simón da Costa
    Cartel XXVIII Festa do queixo DOP San Simón da Costa

    13/03/2023

  • XXV Festa do Queixo DOP San Simón da Costa

    XXV Festa do Queixo DOP San Simón da Costa

     


    15/03/2019

  • XII Concurso de Tapas do queixo D.O.P. San Simón da Costa.

    ...

     

     

    XII Concurso de Tapas do queixo D.O.P. San Simón da Costa.

    Do 21 ao 31 de marzo en Vilalba (Lugo)


    15/03/2019
  • Poderán concursar todos os establecementos de hostelería de Vilalba que o desexen e que para elo fagan a inscrición previa ata as 14:00 h. do día 22 do mes de febreiro de 2019.

    Consulta as BASES XII Concurso de Tapas San Simón da Costa que se celebrará en Vilalba do 21 ao 31 de marzo de 2019.

    BASES .PDF

     


    20/02/2019

  • Do 16 ao 26 de Marzo

    X Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 16 ao 26 de Marzo (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 1 e 2 de Abril, 39 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas con dito queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

    VIDEO: https://vimeo.com/207613638

     


    14/03/2017
  • A XXIII FESTA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA CELEBRARASE O 1 E 2 DE ABRIL 2017 EN VILALBA


    VIDEO PROMO: https://vimeo.com/207937099

     


    14/03/2017
  • A XXI feira do queixo San Simón da Costa celebrarase o sábado 2 e domingo 3 de abril.


    01/04/2016

  • Do 17 ao 27 de Marzo
    IX Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 17 ao 27 de Marzo (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 2 e 3 de Abril, 39 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas con dito queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

    01/04/2016
  • A XXI feira do queixo San Simón da Costa celebrarase este fin de semana. O pregón será o 4 de abril a cargo da concursante galega de Top Chef: Inés Abril. Despois realizarase a poxa de 14 queixos cunha curación superior a 12 meses. O diñeiro recadado irá destinado a fins benéficos.

    XXI feria del queso San Simón


    03/04/2015

  • do 26 de Marzo ata o 4 de Abril
    VIII Concurso de tapas con queixo San Simón da Costa

    VIII Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 26 de Marzo ata o 4 de Abril (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 4 e 5 de Abril, 42 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas con dito queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

    Prezos: 1,50€/tapa tradicional e 2,50€/tapa creativa.

    https://www.facebook.com/events/1579277895683773/


    26/03/2015
  • Ver vídeo

    Vídeo promocional de CRDOP San Simón da Costa, onde se mostra a zona na que se elabora este produto e o traballo manual na elaboración destes queixos con denominación de orixe 100% galegos.

    Pulsa sobre o play para velo en Youtube!


    19/03/2015

  • Unha prata e dous bronces son os galardóns

    World Cheese Awards

    Unha prata e dous bronces son os galardóns conseguidos polos queixos DOP San Simón da Costa nos premios World Cheese Awards.


    20/11/2014

  • XX edición da Festa do queixo San Simón da Costa

    O vindeiro 5 e 6 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XX Festa do queixo de San Simón da Costa.

    XX Fiesta del queso de San Simón da Costa


    28/03/2014

  • Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba

    VII Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 27 de Marzo ata o 13 de Abril (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 5 e 6 de Abril, 41 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas con dito queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

    Prezos: 1€/tapa tradicional e 2,50€/tapa creativa.

    VII Concurso de Tapas con queixo San Simón

    27/03/2014

  • XIX edición da Festa do queixo San Simón da Costa

    O vindeiro 6 e 7 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XIX Festa do queixo de San Simón da Costa.

    XIX edición daFesta do queixo San Simón da Costa

    O sábado 6 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

    Pola tarde, a partir das 17.30 horas non faltarán os pasacalles a cargo de grupos folclóricos.

    Ás 18.00 horas procederase á entrega de premios do III Concurso de Carteis e o   VI Concurso de Tapas, con sorteo de regalos da Ruta do Tapeo, e deseguido será a quenda para a lectura do pregón a cargo de D. Leandro Seixas Escultor.

    Domingo día 7, ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución. A partir das 11.00 horas, os pasacalles percorrerán as rúas do municipio.


    03/04/2013

  • Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba

     

    VI Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 21 de Marzo ata o 31 de Marzo (ambos inclusive). Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa; que terá lugar os días 6 e 7 de Abril, 43 establecementos da localidade ofrecerán as súas tapas con dito queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas: Creativa e Tradicional.

    Prezos: 1€/tapa tradicional e 2,50€/tapa creativa.

    VI Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa

    Visualiza o plano dos establecementos participantes:  Plano VI Concurso Tapas


    13/03/2013

  • Esta vía é tan antiga coma o Camiño Francés...

    A zona de produción de leite apto para a elaboración de queixos ao abeiro da Denominación de Orixe Protexida “San Simón da Costa” está constituída pola área xeográfica que abrangue a comarca da Terra Chá, que se compón entre outros dos concellos de Abadín e Vilalba. Entre os cales; segundo moitas das rutas recomendadas, discorrería a etapa 29 do Camiño do norte cunha lonxitude aproximada de 20 Km.

    Esta vía é tan antiga coma o Camiño Francés. Durante séculos apenas foi utilizada polos peregrinos. Sen embargo, o auxe do camiño de Santiago devolveulle a súa importancia como ruta e comeza a ser de novo moi popular.

    A distancia que recorre é a segunda máis longa, por detrás da Vía da Prata. O paisaxe e o terreo convértena nunha opción moi interesante.

    O camiño do norte


    14/01/2013

  • A lista completa de premiados da categoría...
    XV Cata de queixos de Galicia

    A lista completa de premiados da categoría DOP San Simón da Costa é:

    - Casa Anxel (ouro)
    - Fontelas (prata)
    - Don Crisanto (bronce)
    - Diplomas: Prestes, Casleiras e Daniberto.

    Foto e máis información BENBO: http://www.benbo.eu/actualidad/quesos-mieles/

    27/12/2012

  • Un ouro e dous bronces son os galardóns conseguidos polos

    Un ouro e dous bronces son os galardóns conseguidos polos queixos DOP San Simón da Costa nos premios World Cheese Awards.

    World cheese awards


    A medalla de ouro foi para un queixo da queixería Casleiras, na categoría de queixos afumados.Finalmente os bronces corresponderon de novo ó San Simón da Costa de Casleiras, neste caso na categoría de queixos con D.O. E para Prestes polo seu San Simón da Costa, na categoría queixo afumado – blando ou semiblando.

    O xurado que concedeu as medallas estivo formado por máis de 250 xuíces de todo o mundo.


    Información ampliada: Revista BenBo


    12/12/2012

  • Para promover e dar a coñecelos 4 queixos galegos con D.O.P....
    A D.O.P. San Simón da Costa xunto coa D.O.P. Arzúa-Ulloa, coa D.O.P. Queixo Tetilla e D.O.P. Cebreiro participan en multitude de catas comentadas ó longo do ano. En escolas de Hostalería, Asociacións de Amas de Casa, Asociacións de veciños, Colexios… para promover e dar a coñecelos 4 queixos galegos con D.O.P. (Denominación de Orixe Protexida).

    Catas comentadas
    Fotos: Semana Verde Silleda, D.O.P. Arzúa-Ulloa.

    11/07/2012

  • Listado de participantes no #7AdiadelquesoSanSimón
    7AdiadelquesoSanSimon

    Dende o Consello Regulador queremos agradecela participación no #7AdiadelquesoSanSimón; un éxito que probablemente repetiremos.

    Listado de receitas dos participantes no #7AdiadelquesoSanSimón:

    1. Magdalenaschoco Pizza San Simón, Bruschetta San Simón y Huevos en Cocotte San Simón
    2. Una Enfermera en la Cocina Pechugas al queso San Simón
    3. Pasar del Aire Sopa de Cebolla comme il faut
    4. Delantal o Mandil Souflé de patata con queso San Simón y Arrolladitos de queso San simón con mermelada de tomate y nueces
    5. Colineta Chocolate y queso
    6. La niña pimiento Hamburguesón de San Simón
    7. Malenasintango A que huele en mi cocina? Paquetitos de puerro rellenos
    8. ManuCatMan Pastel de carne y queso
    9. Nomastuppers Parmiggiana de berenjena y calabacín
    10. La Cocina de la Lechuza Filloas de maíz rellenas
    11. Enharinad@s Empanada de espinacas y queso San Simón
    12. La cocina de mi abuelo Revuelto de gulas y gambas con queso San Simón
    13. La cocina delokos Pizza blanca de San Simón
    14. O garfelo Tarta de queso San Simón y calabaza
    15. Los deseos del paladar Tostas de ajo asado y queso ahumado y Quiche San Simón da Costa
    16. Dimequeesviernes Bocaditos de pimientos del piquillo
    17. Lamboadas de Samhaim Tartaleta de queso con corazón marinero
    18. Hoy cocina Vivi Rulé de queso San Simón con Ketchup de Frambuesa 
    19. Galicia Calidade Carrilleiras guisadas con salsa de queso San Simón
    20. El Teso Gourmet Bocadillo de pollo con queso San Simón da Costa
    21. Cocinarpara2 Pulpo con queso San Simón da Costa
    22. El sabor de lo salado Albóndigas de queso San Simón da Costa

    09/04/2012

  • XVIII edición da Festa do queixo de San Simón da Costa

    Presentámosvos o cartel e o programa da XVIII edición da Festa do queixo de San Simón da Costa que terá lugar o 7 e 8 de Abril na localidade de Vilalba (Lugo). Esperamos a vosa visita.


    XVIII edición da Festa do queixo de San Simón da Costa

     

    PROGRAMA


    SÁBADO 7

    11:00h

    Apertura ó publico do recinto feiral (Praza da Constitución)

    17:30h

    Pasarrúas a cargo da “Charanga de Vilalba” e “Asoc. Cultural entre Lusco e Fusco”

    19:00h

    Pregón a cargo de D. José Luis Ramudo Ramudo, Xornalista.

    Entrega de premios II Concurso de Carteis.

    Entrega de premios do V Concurso de Tapas e sorteo de agasallos da Ruta do Tapeo.

    21:00h

    Actuación da “Charanga de Vilalba”

     

    DOMINGO 8

    10:00h

    Apertura ó publico do recinto feiral (Praza da Constitución)

    11:00h

    Pasarrúas a cargo da “Charanga de Vilalba” e “Asoc. Cultural entre Lusco e Fusco”

    13:00h

    Sesión vermú a cargo do “Grupo Samba”

     

    EXPOSITORES


    Produtos alimenticios:

    Queixo de San Simón da Costa

    Viño da Ribeira Sacra

    Viño do Ribeiro

    Roscón de Vilalba

    Mel de Galicia

    Queixo de Cabrales

    Produtos do Bierzo

    Queixo de Taramundi

    Queixo do Cebreiro

    Queixo Manchego

    Faba de Lourenzá

    Embutidos

    Filloas

    Marmeladas

    E outros produtos da zona

     

    Produtos artesáns e outros:

    Zoqueiro

    Coitelos de Taramundi

    Cesteiro

    Esmaltes

    Madeira

    Cerámica

    Cantería

    Macramé

    Asociacións

    Broches Artesáns

    Coiro


    29/03/2012

  • Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba

    V Concurso de Tapas con queixo San Simón da Costa en Vilalba, do 22 de Marzo ata o 1 de Abril. Como parte do programa da Festa do queixo San Simón da Costa, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril. 33 establecementos da localidade ofertarán as súas tapas con este queixo como protagonista dentro de dúas categorías diferenciadas; Creativa e Tradicional.


    V Concurso de Tapas con queso San Simón da Costa en Vilalba

     

    Visualiza o plano dos establecementos participantes:  Plano V Concurso Tapas

    Establecemento Modalidade Nome da Tapa Día que pecha
    1. Trébol Tradicional Pincho caseiro gratinado con queixo de San Simón Non pechan
    2. A Lareira Tradicional Tosta á Lareira Martes noite e Mércores
    3. O Pote Tradicional Popieta de ave rechea de queixo e menta Domingos, pero abren o día 1
    4. A Carballeira Tradicional Tapa Carballeira Domingos
    5. Hotel Villamartin Tradicional Bocado vexetal de pan de centeo con queixo de San Simón e bonito de Burela Non pechan
    6. Mesón do Campo Creativa Fusión de mar e montaña Domingos noite e Luns
    7. Xalundes Creativa Bombón da Chaira Domingos
    8. A Magdalena Tradicional Brocheta de solomillo ó San Simón Non pechan
    9. Nova Ruta Creativa Torre de Andrade con capón de Vilalba e queixo San Simón Non pechan
    10. Arrincadeira Tradicional Filloa rechea con crema de San Simón Domingos mañá
    11. Plácido Tradicional Delicia de San Simón Xoves tarde
    12. Albeni Tradicional Saquiños de queixo San Simón e salmón. Non pechan
    13. Estudiantes Tradicional Vieira de queixo San Simón Domingos
    14. Centro da 3º Idade Tradicional Tosta de revoleo de piquillo e reducción de módena e gulas gratinadas con queixo de San Simón Non pechan
    15. Pafe Tradicional Milfollas ó San Simón Domingos
    16. Lar Os Píos Tradicional Croqueta de lacón e grelos con crema de San Simón Lunes
    17. A Taberna Tradicional Sorpresa da Taberna San Simón Non pechan
    18. O Porrás Tradicional Sorpresa San Simón Domingos
    19. Luar Tradicional Tapa Luar Non pechan
    20. Lar D,Antón Tradicional Roliño chairego Non pechan
    21. O Bodegón Tradicional Tosta de paté de queixo de San Simón Luns
    22. Ruada Tradicional Empanadilla chairega Mércores
    23. Siglo XXI Tradicional Tapa Siglo XXI Non pecha
    24. Lembranzas Tradicional Delicia de queixo San Simón Domingos
    25. A Casa das Xaquiñas Tradicional Zamburiñas ó San Simón Domingos
    26. Vivaldi Tradicional Solomillo San Pedro Non pechan
    27. Alborada Tradicional Raclette de San Simón Domingos
    28. Spa Attica 21 Villalba Creativa Minihamburguesa de segredo ibérico con crocantes de San Simón e pataca Non pechan
    29. Stama Tradicional Lura… Martes
    30. Desnivel Tradicional Peituga rechea de queixo de San Simón Mércores
    31. C.C. e recreativo Tradicional Algarabía de San Simón Domingos
    32. Ander Tradicional Tapa Ander Non pechan
    33. Parador Creativa Bocado afumado de San Simón Non pechan

     



    20/03/2012

  • Propoñemos que o día 7 de abril sexa...

    Creamos o hashtag #7AdíadelquesoSanSimón en Twitter e propoñemos que o día 7 de abril sexa o día do queixo San Simón da Costa na rede. Se tes un blog participa publicando a túa receita ese día. Para participar só tes que utilizar o noso queixo na elaboración.

    Os interesados que non dispoñan dunha web/blog a través da cal publicar a receita. Pódennola facilitar no enderezo electrónico cmanager@sansimondacosta.com e publicarémola no noso Foro/Receitas.

    7 Abril día del queso San Simón da Costa en la red

    7 Abril día del queso San Simón da Costa en la red7 Abril día del queso San Simón da Costa en la red

    29/02/2012

  • Conecta connosco e entérate antes que ninguén de tódalas novas...

    Conecta connosco e entérate antes que ninguén de tódalas novas da Denominación de Orixe Protexida SAN SIMÓN DA COSTA.

    ¡Faite Fan!

    ¡Espermaoste!

    Faite Fan

    04/01/2012
     
flechaizq
flechaizq
 

ORIXE

A zona de producción de leite apto para a elaboración de queixos ao abeiro da Denominación de Orixe Protexida “San Simón da Costa” está constituída pola área xeográfica que abrangue a comarca da Terra Chá, que se compón dos seguintes concellos, todos eles da provincia de Lugo: Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.

Unha terra cunha longa tradición na fabricación de queixos, onde o sector lácteo supón unha parte importante na economía da zona. Un sector lácteo composto fundamentalmente por gando vacún autóctono, das razas Rubia Galega, Pardo-Alpina, Frisona; e dos diversos cruces destas que proporcionará ós queixos San Simón da Costa unha materia prima de grande calidade.

Aquí é onde nace o queixo San Simón da Costa, un queixo que aproveita ó máximo a calidade e a riqueza dos productos que ofrece esta comarca da provincia de Lugo.

ZONA DE PRODUCCIÓN Ir a

HISTORIA

As orixes do queixo “San Simón da Costa” remóntanse, segundo a  lenda, aos pobos que durante a cultura castrexa se asentaron nas zonas próximas aos montes das serras da Carba e do Xistral.

A provincia de Lugo participa na exposición estatal, celebrada en 1857, na madrileña montaña de Príncipe Pío. Os empresarios lucenses concorren con corenta especies de produtos diversos, ademais de vinte e seis plantas medicinais e cincuenta e sete variedades de madeiras. Un artigo publicado no periódico La Aurora del Miño, no mes de setembro do dito ano, faise eco desta representación: “o trigo tremesiño, nabos, chícharos verdes, castañas verdes, que son un dos principais alimentos do labrador desta provincia, augardente e éter sulfúrico, extraídos do érbedo, manteiga perfectamente imitada á de Flandes, queixos de San Simón, liño, plantas medicinais…”

No 1892, o Concello de Vilalba aproba a conta da adquisición de dous queixos de San Simón -por un importe de 20 pesetas- para enviar para a Exposición de Chicago. Este dato aparece recollido no libro Villalba en el siglo XIX de D. Antonio Peña Novo.

Na “Exposición de Industrias Lácteas”, que se celebrou en Madrid en 1913, a Deputación de Lugo presentou un lote de queixos de San Simón. Cando o rei Afonso XIII visitou a dita exposición, ao ver o tamaño, forma e aspecto dos queixos de San Simón, interesouse por coñecer detalles da súa fabricación; de todo iso foi amplamente informado polo, naquel momento,  inspector de Veterinaria de Lugo, Sr. Armendáriz.

No ano 1932, o periódico Faro Villalbés publicaba, no seu exemplar de 10 de agosto, un artigo asinado polo veterinario Rof Codina, no que fai unha descrición deste queixo e, entre outras cousas, sinala:
“No terceiro concurso nacional de gandos de Madrid, os queixos que máis chamaron a atención do público podente foron os queixos de San Simón que expuxo na sección de produtos lácteos a Deputación de Lugo. A Casa Lardy, ante o éxito, solicitou que se lle enviasen mil quilos mensuais (…)”
Na comarca de Vilalba, onde se fabrica o queixo de San Simón, como industria caseira existe en case todas as aldeas a de fabricación de zocas, calzado que se fai da madeira de bidueiro e esta é a causa do emprego das citadas labras para o afumado dos queixos (…) “.

 

O autor Carlos Compairé, no seu Estudio, tipificación y mejora de los quesos gallegos -do ano 1961-  realiza unha exhaustiva análise do queixo San Simón:
“A forma destes queixos é típica e posiblemente exclusiva deles no mundo (…) É un queixo de aspecto brillante e cor escura debido ao afumado, que varía no seu grao dando tonalidades desde cor grosa a cor castaña. A cortiza é grosa e dura debido ao escaldado que sofre despois da súa fabricación e moldeo e á acción curtinte do afumado. O brillo é debido fundamentalmente ao escaldado e afinado manual(…)”.

Na publicación Villalba y su jurisdicción (1963), do autor Vicente Otero Cao, figura o apartado “Milenarias industrias villalbesas”, e baixo o epígrafe “los típicos quesos de San Simón”,  cítase:
“Esta industria de artesanía vénse sucedendo desde varias xeracións, sen que ninguén poida precisar datas do seu comezo; o que si se pode dicir é que esta típica forma de queixo en pirámide é exclusiva desta parroquia chamada de San Simón de la Cuesta (da Costa)”.

No Inventario Español de Produtos Tradicionais, publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no ano 1996, recóllese unha ampla descrición do queixo de San Simón:
“Queixo tradicional galego, de elaboración caseira e artesanal, que mantén intactas as pautas de elaboración ancestrais(…)A súa forma típica e o afumado son características claves para a súa identificación(…)”.

Actualmente o “Queixo San Simón da Costa” atravesa unha etapa de consolidación en novos mercados tanto en Europa como noutros continentes.


Lexislación:


- Orde de 16 de abril de 1991, recoñece a denominación PGC Queixo de San Simón.
- Orde de 7 de xullo de 1992, aproba o Regulamento do PGC Queixo de San Simón.
- Orde de 20 de abril de 1999, recoñece a DO Queixo de San Simón da Costa.
- Orde de 19 de novembro de 2004, pola que a Xunta de Galicia aproba o Regulamento da DOP San Simón da Costa.
- Orde de 15 de febreiro de 2017, pola que o Ministerio de Agricultura ratifica o Regulamento da DOP San Simón da Costa. Descargar Reglamento
- Regulamento (CE) n.º1229/2008 de 10 de decembro, publica a inscrición no Rexistro das DOP europeas. Descargar Reglamento

ELABORACIÓN

A elaboración do queixo San Simón da Costa xunta unha receita tradicional coas mellores materias primas e o máximo control hixiénico-sanitario. Dúas características especiais sobrancean no proceso de elaboración, outorgándolle o seu particular sabor e aroma. En primeiro lugar, a súa materia prima fundamental: o leite de vaca, sobre todo das razas rubia galega, pardo-alpina e frisona, producido sempre na zona de acordo coas normativas sanitarias.

A característica máis significativa atopámola na fase de AFUMADO, para a que se emprega a madeira dunha árbore típica da zona: a BIDUEIRA, aínda que se prescinde da súa casca. Despois o queixo é almacenado para a maduración, durante un tempo non inferior a 45 días. O producto xa está elaborado e só falta para a súa finalización o etiquetado.
O queixo San Simón da Costa presenta unha contraetiqueta de control do "Consello Regulador", ademais da etiqueta do fabricante inscrito na denominación. Agora o queixo xa está listo para a súa comercialización e consumo.

Temos dous formatos, o grande, cunha maduración mínima de 45 días, un peso ao final da mesma de entre 0,8 e 1,5 Kg e unha altura entre 13 e 18 cm.; formato pequeno ou “bufón”, cunha maduración mínima de 30 días, un peso entre 0,4 e 0,8 Kg e altura entre 10 e 13 cm.; forma intermedia entre buxaina e bala, a parte superior rematada en pico; codia afumada, dura e inelástica, de 1 a 3 mm. de grosor, de cor amarelo-ocre e algo graxenta; pasta de textura fina, graxa, semidura, semielástica e mesta, de cor entre branca e amarela, suave ao corte, con aroma e sabor característicos; non haberá moitos ollos, de forma redondeada ou irregular, de tamaño variábel inferior a medio chícharo.

TRADICIÓN

O respecto á tradición e o mimo artesanal co que se fabrican, fan do queixo San Simón da Costa un producto exquisito, de calidade e san. A mesma atención reciben as normativas hixiénico-sanitarias que, combinadas coa súa elaboración artesanal e as súas inmellorables materias primas, permite ós queixos San Simón da Costa ser recoñecidos como un producto de gran calidade tanto dentro de Galicia, como fóra das nosas fronteiras.

Co obxectivo de protexer e fomentar a producción e garantir a calidade constituíuse o "Consello Regulador de Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa", un organismo que somete cada un dos productos a exhaustivos controis de calidade, examinando tanto a orixe do leite utilizado como as normas hixiénicas empregadas na elaboración do queixo..

FUTURO

Na elaboración do queixo San Simón da Costa combínanse harmonicamente a tradición e os sistemas tecnolóxicos máis avanzados.

O seu inconfundible sabor, obtido gracias á receita artesanal empregada, atopará nas novas tecnoloxías un referente de calidade indiscutible. Os últimos avances tecnolóxicos aplicados na súa fabricación permiten controlar o seguimento de cada un dos procesos que compoñen a elaboración dos queixos San Simón da Costa. Deste xeito pódese garantir a máxima calidade do producto e o máximo control hixiénico-sanitario. Este exhaustivo control sería imposible de realizar sen a axuda tecnolóxica, pois garántese a calidade dunha media anual de 400.000 Kg. de queixo.

San Simón da Costa aposta polo futuro dos seus productos, mantendo as súas raíces tradicionais e o seu xenuino

EMPRESAS PRODUCTORAS

Google MapsGoogle Maps
 

CONTACTO

Enviar
1

C.R.D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA

Plaza de la Constitución 13, 1º
C.P. 27800 Vilalba - Lugo (Galicia) España

Telf: +34 982 512 250

correo

Logo

 

LIBRO DE RECEITAS


NOTICIAS


Logotipos DOP San Simón da Costa